Servizo de Planificación e Programación de PAS
Ir á web propia
Enderezo
|
Servizo de Planificación e Programación de PAS
Casa da Balconada
Rúa Nova, nº 6
15782 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 547 090
Fax: 981 547 098
Correo electrónico:
splanificacion.pas@usc.es
|
|
Descrición
O Servizo de Planificación
e Programación de Persoal de Administración e Servizos (PAS), configúrase como a
unidade de apoio técnico á xerencia, para o desenvolvemento da política de
persoal de administración e servizos da USC, centrándose a súa actividade
fundamentalmente en tres aspectos: planificación dos cadros de persoal,
provisión de postos e selección dos recursos humanos necesarios e a súa
formación continúa.
Para a consecución desta
misión ten encomendadas como funcións principais as seguintes: avaliación das
necesidades de persoal e de formación, definir os perfís dos postos,
elaboración das propostas de cadros de persoal, elaboración das ofertas de
emprego, xestión dos procesos de selección e de provisión de postos, elaboración
e xestión do plan de formación, funcións de apoio e soporte técnico e
administrativo aos tribunais de selección e provisión de postos,
É tamén competencia do
servizo a elaboración de propostas de regulamentación, informes, memorias ou
estudos que sirvan de soporte aos órganos de goberno para a toma de decisións,
así como facilitar a información aos órganos de representación da universidade
de Santiago de Compostela. |